martes, 9 de abril de 2013

É CHÉGANOS UN PREMIO MÁIS

Pois parece que empezamos a semana con moi bo pé. Se onte era Carmen a que nos concedía un premio, hoxe é Tamara do blog EL ARTE DE LAS PALABRAS, que nos concede este fantástico premio:


As condicións para aceptalo son as seguintes:

1ª Mencionar a quen che nominou.- Eso xa o fixen arriba. Moitas grazas Tamara.

2º Contestar estas preguntas:

* Cinco cousas que che fagan feliz:

- Estar coa miña familia.
- A miña profesión.
- Navegar por Internet. Son unha abducida das TICs como se califica unha amiga miña.
- Estar cos meus amigos.
- O sol e a calor, será porque aquí brilla pola súa ausencia, je,je

* Cinco cousas que che fixeron rir ultimamente:

- A mensaxes por whatsapp dunhas compis do cole coas que formo un gran equipo.
- Algunhas saídas da miña filla pequena.
- Os meus alumnos do cole.
- Un programa que vin o fin de semana.
- E agora mesmo no me lembro de ningunha máis pero gústame moito rir co cal fágoo a miúdo.

* Cinco cousas que estás escribindo na actualidade:

- Este premio.
- As nosas entradas do proxecto do Espazo.
- Fichas para os meus alumnos.
- Comentarios aos blogs que sigo
- A lista da compra, je,je

* Cinco sorpresas recentes:

- As boísimas notas da miña filla maior.
- Que me deron plaza no concurso de traslados ainda que renunciei para seguir cos meus nenos
- Un sobre cargado de boísimos recursos que me enviou unha gran amiga blogueira.
- A noticia de que poido levar os meus nenos a ver o Planetario de A Coruña.
- Unha mesa enorme que me regalaron para a miña clase.

* Cinco ficciones que che gustaría escribir:

-  Una soa que vale por cinco: Rematou a crisis e con ela os recortes en educación ,en sanidade, o paro, ...

* Cinco cousas que mercarías se tiveses moitísimos cartos:

- Un piso con ascensor (unha empeza a facerse maior, je,je) ou mellor unha casa pero pola zona onde vivo, non me gustaría cambiar de lugar.
- Cambiaría o coche
- Un barco
- Axudaría á familia
- E viaxaría moito, encántame viaxar.

* Cinco pensamentos que tes sobre o teu futuro:

- Chegar a vella xunto co meu marido.
- Ver medrar ás miñas fillas.
- Continuar coa miña profesión, quizáis ... volver a dar inglés?
- Seguir experimentando con ferramentas TIC (encántame)
- Ser feliz

* Cinco libros que ames:

- El guardían entre el centeno
- El código Da Vinci
- El nombre de la rosa
- El niño del pijama de rayas
- El diario de Anna Frank

* Cinco gifs de reacciones:

O que máis me gusta é este:



En canto aos meus nominados.... este premio llo adico a todos os seguidores do meu blog AULATIC. Todos os que pasedes por aquí podedes levalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario