A nosa amiga Blanca, do blog "ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL" comparte con nós este premio que recibiu:
O premio ten dúas condicións: contar sete cousas sobre unha mesma e envialo a outros blogs amigos. Empecemos. Sete cousas sobre min:
- Son mestra e gústame ensinar.
- Na actualidade estou dando PT nun colexio de Educación Especial pero tamén teño a especialidade de Inglés. Nun futuro próximo gustaríame volver a dar inglés sobre todo aos máis pequenos.
- Tamén son mamá de dúas preciosas nenas (que vou dicir eu)
- Encántame todo o relacionado coas novas tecnoloxías. Podo pasarme horas (que debería estar durmindo)buscando recursos en internet.
- Ainda que fago moitos cursiños son sobre todo autodidacta o que non sei busco en internet como facelo o alguén que mo explique.
- Gústame moito ler pero recoñezo que ultimamente o deixei algo de lado.
- As pelis de terror son a miña debilidade.
GRAZAS BLANCA POLO PREMIO
No hay comentarios:
Publicar un comentario