miércoles, 2 de septiembre de 2015

PREMIOS ATRASADOS

A finais do curso pasado tiven a gran sorte que grandes amigas blogueiras pensasen no meu blog para concederme uns fantásticos premios que por estar desconectada todo o verán (por fín este ano conseguino) non publiquei ata o de agora. Espero que me perdoen por iso.

Así, Anabel do blog O RECUNCHO DAS FADAS e Isabel do blog LAS TIC EN PRIMARIA, concedéronme o premio "TU BLOG ME INSPIRA". Moitísimas grazas ás dúas :)


Por outra banda, Blanca do blog ESCUELA INFANTIL EL CASTILLO DE BLANCA, Marisa do blog POESÍA INFANTIL e unha vez máis Anabel do blog O RECUNCHO DAS FADAS concedéronnos o premio " RECOÑECEMENTO CATRO EN UN"


O premio FT destaca a fidelidade entre os distintos blogueiros, o BLACK WOLF BLOGGER AWARD o respaldo dos compañeiros para seguir traballando e non abandoar, o PARABATAIS a protección e axuda entre blogueiros e o DARDOS, recoñece a cratividade, adicación e esforzo de manter un blog transmitindo unha serie de valores. Moitísimas grazas ás tres, amigas.

Eu quero adicarllo a todos os blogs que visito para desexarlles que teñan un boísimo comezo de curso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada