As normas para aceptar o premio son as seguintes:
1º Agradecer publicamente a quen te nominou: Moitísimas grazas, Yolanda e Isabel por pensar no meu blog para o premio. É todo un detalle.
2º Contestar estas cinco preguntas:
- O primeiro libro que liches? É unha pregunta moi difícil de respostar pero direi que cando ía ao cole os libros que máis me gustaban eran os da serie dos Cinco.
- Por que escribes? Para compartir coas familias dos meus alumnos, con eles e con todas as persoas que nos visitan o que facemos na nosa clase e aqueles recursos que nos resulten útiles tanto os que atopamos pola rede como os que elaboramos nós mesmos.
- Tes unha musa ou inspiración? Todos os blogs que visito e que me enchen de información, ideas, creatividade,...
- Cal foi o teu gran amor? Sen lugar a dúbidas a miña familia.
- Escribes o que vives ou vives o que escribes? Eu creo que as dúas cousas. Escribo todo o que vivimos na nosa clase pero tamén vivo plenamente o que escribo.
3º Nominar quince blogs e notificar públicamente aos nominados o seu premio: Para min esta é sempre a parte máis complicada. Gustaríame nominar a todos aqueles blogs que me inspiran e me gusta visitar a miúdo pero como non pode ser, esta vez vou nominar aos últimos quince blogs que non teñen o premio e que foron os últimos en visitarme e deixarme un comentario. Por orde son:
MOMENTOS MÁGICOS
ACTUALIZACIÓN: Agasállanos co mesmo premio Zara, do blog CRECER FELICES EN EL COLE ,Anna do blog PETIT MON , Yoli do blog EL RINCONCITO DE INFANTIL , Blanca do blog ESCUELA INFANTIL CASTILLO DE BLANCA , Patri do blog MI PEQUEÑO GOLONDRINO , Juan Carlos do blog KIDS-TIC ,Ana do blog UN PROYECTO DE MAESTRA e Marta do blog EL DESVÁN CURIOSO.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLO PREMIO, AMIGAS!!