lunes, 19 de agosto de 2013

ANIVERSARIO DO BLOG PETIT MÓN

Estes días o blog PETIT MÓN celebra o seu primeiro aniversario . E para celebralo obsequianos con este fermoso selo de GRACIAS POR COMPARTIR.



Moitísimas felicidades, Anna! Esperamos poder seguir disfrutando do teu blog moitísimos anos máis.

lunes, 10 de junio de 2013

PREMIO AO BO SEGUIDOR

A nosa amiga Tamara, do blog EL ARTE DE LAS PALABRAS, obséquianos con este fermoso regalo ao bó seguidor:



Para aceptalo hai que contestar a 11 preguntas. Estas son as que me propón Tamara:

1.- Pido á vida... saúde para poder disfrutar da miña familia.
2.- Sabes quen es?  Creo que sí pero ás veces pérdome.
3.- Que é o que nunca farías? Enganar aos meus amigos e familia.
4.- Con que soñas todos os días? Déitome tan tarde que non teño  tempo a soñar, je,je
5.- Sabes bailar? Un pouquiño.
6.- Un pesadelo que che te repita: Quedarme encerrada nun lugar estreito.
7.- Escribe? Pouquísimas veces.
8.- Algo do que te sintas fachendoso/a. As miñas fillas.
9.- Que animal che gustaría ser? Un paxariño.
10.- Se non podes durmir, que fas? Raras veces non podo durmir.
11- Se lle poideras dar os tres desexos a outra persoa, a quen sería? A alguén da miña familia.

A seguinte condición sería facer once preguntas máis e pasarlle o premio a once blogs.
As preguntas deixo as mesmas , en canto aos blogs aos que llo paso, non sabería a cales xa que considero que todos os meus seguidores son merecedores do premio. Por iso, sentíndoo moito, deixo esta regra e eu adícollo a todos os seguidores do meu blog que sempre me animan cos seus comentarios.

UNHA APERTA.

viernes, 7 de junio de 2013

PREMIO Á MELLOR COMENTARISTA

Mireia, do blog MIA´S BOX, acaba de obsequiarnos con este fermoso premio ao mellor comentarista, feito por ela mesma.


MOITÍSIMAS GRAZAS, MIREIA.

lunes, 3 de junio de 2013

DOBRE PREMIO


Volven a nós estes dous premios que recibimos gustosos e encantados de mans de:

As regras que acarrea son moi sinxelas:

- Dicir que cho otorga
- Colocalo no blog
- Conceder o premio a outros cinco blogs
- Informar aos premiados mediante comentario.

Pois ben como xa no seu día recibimos o premio e o pasamos, deixo un enlace as dúas entradas:



Moitísimas grazas a todas polo premio.

sábado, 13 de abril de 2013

PREMIO PRIMAVERA


Hoxe chegounos un novo premio, esta vez de mans da nosa amiga Isabel, do blog RECURSOS PARA MI CLASE.

As normas para aceptalo son as que podedes ver na imaxe:

1ª.- Nomear o blog que cho otorga: Xa volo dixen arriba RECURSOS PARA MI CLASE
2ª.- Nomear o blog do orixe do premio: Http://podemos-juntos.blogspot.com.es/
3ª.- Contestar ás seguintes preguntas:

       - Premio que máis che gustou recibir: Todos fanme moitísima ilusión pero quizais o que máis me gustou foi o primeiro. Sempre veía nalgúns dos blogs que seguía eses premios pero nunca se me pasou pola cabeza que un día poideran enviarmos a min.

       - Regra nos premios que sempre falta: Que o que otorga o premio llo comunique aos premiados sexa mediante comentario, por correo electrónico,...

       - Inventa un novo nome da túa flor favorita: Esperanza para a orquídea.

       - Mineral que  te asombra: A magnetita

       - Argumento perfecto dun libro: O que mantén a atención e o interese ata o capítulo final.Se pode ser de intriga mellor, je,je.

       - Valores que le faltan ao mundo: Entre outros moitos SOLIDARIEDADE

       -  Erradicarías ....: A VIOLENCIA e a POBREZA.
     
      -   Razóns polas que pasar o premio: AMIZADE, COMPARTIR, COLABORACIÓN, ILUSIÓN,...

      - Amizade blogueira leva o nome de ...: COMPARTIR, COLABORAR e APOIAR.

E os nominados esta vez son as miñas compis de Claustro-Blog:

Fini, do blog MI GRIMORIO ESCOLAR
Miren, do blog LA CLASE DE MIREN
Mireia, do blog MON INFANTIL
Noelia, do blog MI COLE AL DÍA

E estes seis blogs que coñecín hai pouquiño tempo, aos que nunca lles dediquei ningún premio:

martes, 9 de abril de 2013

É CHÉGANOS UN PREMIO MÁIS

Pois parece que empezamos a semana con moi bo pé. Se onte era Carmen a que nos concedía un premio, hoxe é Tamara do blog EL ARTE DE LAS PALABRAS, que nos concede este fantástico premio:


As condicións para aceptalo son as seguintes:

1ª Mencionar a quen che nominou.- Eso xa o fixen arriba. Moitas grazas Tamara.

2º Contestar estas preguntas:

* Cinco cousas que che fagan feliz:

- Estar coa miña familia.
- A miña profesión.
- Navegar por Internet. Son unha abducida das TICs como se califica unha amiga miña.
- Estar cos meus amigos.
- O sol e a calor, será porque aquí brilla pola súa ausencia, je,je

* Cinco cousas que che fixeron rir ultimamente:

- A mensaxes por whatsapp dunhas compis do cole coas que formo un gran equipo.
- Algunhas saídas da miña filla pequena.
- Os meus alumnos do cole.
- Un programa que vin o fin de semana.
- E agora mesmo no me lembro de ningunha máis pero gústame moito rir co cal fágoo a miúdo.

* Cinco cousas que estás escribindo na actualidade:

- Este premio.
- As nosas entradas do proxecto do Espazo.
- Fichas para os meus alumnos.
- Comentarios aos blogs que sigo
- A lista da compra, je,je

* Cinco sorpresas recentes:

- As boísimas notas da miña filla maior.
- Que me deron plaza no concurso de traslados ainda que renunciei para seguir cos meus nenos
- Un sobre cargado de boísimos recursos que me enviou unha gran amiga blogueira.
- A noticia de que poido levar os meus nenos a ver o Planetario de A Coruña.
- Unha mesa enorme que me regalaron para a miña clase.

* Cinco ficciones que che gustaría escribir:

-  Una soa que vale por cinco: Rematou a crisis e con ela os recortes en educación ,en sanidade, o paro, ...

* Cinco cousas que mercarías se tiveses moitísimos cartos:

- Un piso con ascensor (unha empeza a facerse maior, je,je) ou mellor unha casa pero pola zona onde vivo, non me gustaría cambiar de lugar.
- Cambiaría o coche
- Un barco
- Axudaría á familia
- E viaxaría moito, encántame viaxar.

* Cinco pensamentos que tes sobre o teu futuro:

- Chegar a vella xunto co meu marido.
- Ver medrar ás miñas fillas.
- Continuar coa miña profesión, quizáis ... volver a dar inglés?
- Seguir experimentando con ferramentas TIC (encántame)
- Ser feliz

* Cinco libros que ames:

- El guardían entre el centeno
- El código Da Vinci
- El nombre de la rosa
- El niño del pijama de rayas
- El diario de Anna Frank

* Cinco gifs de reacciones:

O que máis me gusta é este:



En canto aos meus nominados.... este premio llo adico a todos os seguidores do meu blog AULATIC. Todos os que pasedes por aquí podedes levalo.

domingo, 7 de abril de 2013

NOVO PREMIO!


Acabo de recibir un novo premio que me fai moitísima ilusión de mans de Carmen , do blog AULA DE INFANTIL.
Para aceptalo hai que contestar a esta pregunta:

QUE LIBRO ACONSELLAMOS PARA UNHA PERSOA QUE COMEZA A LER?

Eu ao igual que Carmen, creo que calquera álbum ilustrado estaría moi ben. Moito debuxo e pouca letra. E na actualidade no mercado hai fabulosos libros cunhas ilustracións preciosas. Encántame case todos os da editorial KALANDRAKA.

Gustaríame compartilo con estes seis blogues e se entrades en eles saberedes por que:

Pilar, do blog CUADERNO DE COLORES
Noelia, do blog PASAPORTE ESTELAR
Ana Gracia, do blog CUENTOS DE TIHADA, e, 
Elena do blog VERBO LEER

MOITÍSIMAS GRAZAS, CARMEN, POLO PREMIO.


martes, 2 de abril de 2013

FELICIDADES MIREIA!!!!!

Celebramos coa nosa amiga Mireia do blog MÓN INFANTIL, nada máis e nada menos que o 6º cumpreanos do seu blog.


MOITÍSIMAS FELICIDADES, MIREIA

domingo, 3 de marzo de 2013

PREMIO LIEBSTER AWARD


De mans da Seño Ana, do blog DIARIO DE UNA EDUCADORA INFANTIL, da miña compi Mireia, do blog MON INFANTIL , de Isabel do blog RENACUAJOS INFANTIL de Joel, do blog EDUCACIÓ I LES TIC ,de Carol, do blog UN MUNDO DE PEQUEÑAS COSAS  , de Jose, do blog EL RINCÓN DEL MAGO, de Miren do blog LA CLASE DE MIREN,  de Brichi do blog EDUCACIÓN INFANTIL BRIMAR, de Sabela do blog OS PEQUES DE VALEIXE , de Rosa do blog EN CLASE CON ROSA, de Yoli do blog EL RINCONCITO DE INFANTIL  , de Encarni, do blog INFANTIL EN EL SEDOFEITO ,de Laura do blog LOS DRAGONES DEL CEIP LUIS VIVES,de Isabel do blog RECURSOS PARA MI CLASE, e de Esther do blog EDUCAR DESDE CERO,  recibimos este novo premio.
O premio ten unha serie de normas para aceptalo que son:

1ª Agradecer o premio á persoa ou blog que cho otorgou: Dende aquí moitísimas grazas aos catro.

2.- Responder a once preguntas. Estas son as once que  nos propoñen:

1.¿Por qué decidiste crear un blog y cuándo empezaste?
Empecei hai cinco anos co meu anterior blog MEDRANDO XUNTOS, como un xeito de ter organizados todos os recursos que utilizaba na miña aula de apoio a infantil e primeiro ciclo.
2.Si no escribieras sobre los temas que tratas  en el blog ¿Sobre qué te gustaría escribir?
Nunca mo planteei, así que non sabería que dicir.
3.¿Cuál es tu post preferido?¿Por qué?
O meu post preferido é este:http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2011/09/campana-por-un-tratamento-digno-do.html Porque se trataba de dar difusión á a petición dunha nai para acadar un tratamento digno do autismo.
4.¿Qué te aporta tener un blog?
Facilidade á hora de traballar,favorecer a comunicación cos pais e nais do meu alumnado e por suposto moitas satisfacións por todos os amigos e amigas blogueiros que fixen nestes anos.
5.¿Qué es lo que más te gusta del mundo 2.0?
Todas as ferramentas que se poden utilizar.
6.¿Cómo planificas contenidos y temas para el blog?
Do mesmo xeito que planifico o curso. No blog tratamos os temas que traballamos na clase.
7.¿Barajaste otros nombres para el blog antes de decidir el que tiene?
Uns cuantos.
8.Si le pregunto a la gente que te conoce bien, ¿qué me dirían de ti?
Eu creo que dirían que son moi traballadoriña, inquieta, preocupada por demais, ... Ja,ja non sei más.
9.¿Qué haces en tu tiempo libre?
Disfrutar da miña familia.
10.¿Qué consejo darías a las personas sobre el mundo de los blogs?
Que se animen a facer un. É moi útil para o noso traballo, coñécese moita xente, compártense experiencias,...
11.¿Has vivido algún hecho importante a través del blog?
Si,coñecer ao meu marabilloso Claustro-blog co que ademais de por en marcha o PROXECTO BLOGS AMIGOS manteño unha boísima relación de amizade.

Pastora, do blog ORIENTACIÓN DO CPI DE PANXÓN obséquianos co mesmo premio e distintas preguntas que son:

  1. Que opinas do premio. Paréceme fantástico que entre blogs se premie o traballo dos demáis.
  2. Describe o teu blog e cando o creaches e porqué? O meu blog nace hai tres anos cando me destinaron definitiva a este cole. Quería crear unha xanela na que poder compartir cos pais dos meus alumnos todo o noso traballo na aula, así como para que me servise de banco de recursos para a miña labor.
  3. Que aprendiches a nivel personal ou profesional no último ano? A nivel profesional creo que moitísimo grazas a todos os blogs amigos que comparten desinteresadamente todo o seu traballo e que aportan ideas e distintas formas de dar as clases.
  4. Que é o que mais te gusta do noso sistema educativo.Que sexa gratuito e estea ao alcance de todos.
  5. E o que menos. Todos os recortes que están a facer e que van en detrimento da educación dos nosos fillos.
  6. Como o mellorarías. Dicíndolle aos politícos que deixen de defender tanto a privada, que hai moi bos mestres na pública con moitas ganas de ensinar e enamorados do seu traballo e que se hai que recortar que miren ben que hai moitísimos sitios onde recortar sin ser en educación, empezando por eles mesmos.
  7. Viviches algún feito importante a través do blog? Si, formar xunto con outras catro marabillosas persoas o proxecto de blogs colaborativos e grazas a el coñecer a moi bos compañeiros e amigos virtuais.
  8. Cara onde imos nas redes sociais. Hacia o infinito e máis alá.
  9. Cales son as que mais te gustan. Ata hai moi pouquiño só utilizaba facebook pero agora xa me estou poñendo ao día co Google + e co Twitter. Todas están ben, cada unha no seu estilo. O que non hai é tempo para adicarlles, je,je
  10. Por que estás nesto da educación. Porque é a miña grande vocación dende que era unha rapariga. Gústame o meu traballo.
  11. Engade o que queiras. Para rematar gustariame dar as grazas a todos os blogs que coñeco por todo o que comparten e me ensinan cada día.


3º Premiar a 11 blogs e escribir 11 preguntas.

Os once blogs que premio esta vez son:

- Rocío do blog AULA DE PT
- Nuría do blog  SOM-HI MESTRES
- Profes do blog INFANTIL CALVO SOTELO
- Dolores do blog ESPELLO DA NOSA CLASE
- Elena do blog EN EL AULA DE APOYO
- Mª José do blog DESVÁN DE PALABRAS
- María do blog DUEÑOS DE ESTRELLAS
- Gemi, do blog EL BLOG ENCANTADO

As once preguntas, ao igual que a Seño Ana, deixo exactamente as mesmas.

4ª Informar aos blogs do premio e visitalos. Iso fareino cando remate entrada.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS

Actualización: Recibimos en xaneiro do 2015 este premio de mans de Julio do blog LEER ES SIEMPRE UN VIAJE SORPRENDENTE. Moitísimas grazas, Julio.

domingo, 24 de febrero de 2013

PREMIO BEST BLOG

Despois de máis dun ano chéganos de volta, o premio BEST BLOG, esta vez das mans  da nosa amiga ROCÍO, do blog EL AULA DE PT 
Este premio hai que pasarllo a outros doce blogues pero eu vou facer unha pequena "trampiña" e co voso permiso voullo pasar a quince. Así que , esta vez os elexidos son:

- Isabel do blog RECURSOS PARA MI CLASE
-  Jose do blog EL RINCÓN DEL MAGO
- As profes do blog O LAR DOS PITUFOS
- La seño M.Mar do blog EL BOSQUE DE LOS SUEÑOS
-  Nuria do blog SOM-HI MESTRES
- María do blog HISTORIAS DA NOSA AULA
- Feli do blog LOS PEQUES DE FELI
- Yolanda do blog MI BAÚL DE PIRULETAS
-  Ana Mary do blog COMETA AZUL
-  La seño Jacinta do blog LA CLASE ENCANTADA
-  Ana do blog EL BUZÓN ANIMADO
- Rosi do blog CAMPANILLA
- Mariela do blog TODO PREESCOLAR
- Rosario do blog COLEFERROVIARIO

E YOLANDA do blog MI BAÚL DE PIRULETAS,   FINI , do blog MI GRIMORIO ESCOLAR , SARA do blog EL DIA  DIA INFANTIL,  ISABEL do blog LAS TIC EN PRIMARIA , o blog APRENDER ES DIVERTIDO Y ÚTIL, e LAURA, do blog  LOS DRAGONES DEL LUIS VIVES agasállanos tamén co premio.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS

lunes, 11 de febrero de 2013

PREMIO: seu blog é uma fofura!

De mans da nosa amiga Isabel, do blog RECURSOS PARA MI CLASE , de Nuria do blog SOM-HI MAESTROS ,de María do blog HISTORIAS DA NOSA AULA ,de Mireia do blog MON INFANTIL de Feli, do blog LOS PEQUES DE FELI e de Carme do blog FER DE MESTRES chéganos este encantador novo premio:



A única condición para aceptalo e pasalo a outros oito blogues. Así que os elexidos esta vez son as miñas compis do claustro blog e catro blogs aos que polo de agora non lles pasei ningún premio:

- Mireia, do blog MON INFANTIL
- Fini, do blog MI GRIMORIO ESCOLAR
- Noelia do blog MI COLE AL DÍA
- Miren do blog LA CLASE DE MIREN
- Marta do blog BAÚL MÁGICO DE RECURSOS
- Laura do blog EL RACÓ DE L´INFANT
- Fanny do blog UN RACONET DE IDEES
- Montruito do blog UN MONSTRUITO EN MONTEAGUDO

MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS SEIS

viernes, 25 de enero de 2013

PREMIO ONE LOVELY BLOG AWARD



Acabamos de recibir un novo premio, o premio ONE LOVELY BLOG AWARD , das mans da nosa amiga ISABEL , do blogue  RECURSOS PARA MI CLASE

Tamén nos otorgan o mesmo premio:

- JOSE, do blog EL RINCÓN DEL MAGO
- AS PROFES do blog O LAR DOS PITUFOS
- JOEL do blog EDUCACIO I LES TIC
- SEÑO M.MAR do blog EL BOSQUE DE LOS SUEÑOS
- MARÍA do blog HISTORIAS DA NOSA AULA
- YOLANDA do blog MI BAÚL DE PIRULETAS
-  ROSA do blog EN CLASE CON ROSA
- ANA MARY do blog COMETA AZUL
- PILAR do blog UNA CLASE DE EDUCACIÓN INFANTIL
- FANNY do blog UN RACONET D´IDEES
- LAURA do blog EL RACÓ D´INFANT
- MARÍA JOSÉ do blog DESVÁN DE PALABRAS
- SEÑO JACINTA do blog LA CLASE ENCANTADA
- MARTA do blog BAÚL MÁGICO DE RECURSOS
- MARIELA do blog TODO PREESCOLAR
- ROSI do blog CAMPANILLA
- ANA do blog EL BUZÓN ANIMADO
- ANA do blog DIARIO DE UNA EDUCADORA INFANTIL

Para aceptalo hay que cumprir unhas pequenas regras que son:

- Dicir quen cho otorga e poñer un enlace ao seu blogue. Iso xa o cumplin arriba.
- Dar o premio a quince blogues que che gusten. Que difícil! Só quince? Terían que ser... 150 polos menos, je,je. Así que vou facer como a última vez e adicarllo a blogues que me gustan  aos que polo de agora que lembre, non lles otorguei ningún premio directamente. E son:

- Rocío Olivares do blogue EL AULA DE PT
- As profes de O BLOGUE DE COKIÑA
- Noelia do blogue PASAPORTE ESTELAR
- Ao blogue APRENDER ES DIVERTIDO 1º Y 2º
- A Carme do blogue FER DE MESTRES
- Joel do blogue EDUCATIÓ I LES TIC
- Marta do blogue FENT E DEFENT
- Nati do blogue UNA ESCUELA ,UNA ILUSIÓN
- Rosa do blogue EN CLASE CON ROSA
- As profes do blog COSAS DEL COLE
- Sara do blogue DABADEBEDUM
- Yoli do blogue EL RINCONCITO DE INFANTIL
- Rosario do blogue COLEFERROVIARIO
- Oni do blogue DÍAS DE COLE
- Inés do blogue ACTIVIPEQUES


Todavía me quedarían moitísimos estupendos blogues amigos aos que me encantaría dar o premio pero teremos que deixalos para o seguinte.

- Dicir 7 cousas sobre min. Esta cústame case tanto como a anterior. Non che me gusta nada falar de min. En fin, que podo dicir?

* Gústame moito o meu traballo, xa dende pequeniña quería ser mestra.
* Son unha apaixonada das novas tecnoloxías.
* Teño dúas fillas preciosas que son a miña debilidade (e por suposto  meu marido tamén, je,je)
* Ainda que me gusta moito ler, dende que empecei co blogue teño moi pouquiño tempo para facelo (seguro que alguén máis lle pasa o mesmo)
* Son a fotógrafa "oficial" do cole. Encántame quitar fotos pero non que mas quiten (teño que confesar que non son nada fotoxénica)
* As miñas compis dinme que as estreso porque cando me embarco nun proxecto non hai quen me pare e arrastro a todo o mundo comigo. Non o podo evitar, son así.
* Un dos meus grandes desexos sería que non fose necesario celebrar os DÍAS DE... (día da Paz, día contra a violencia de xénero, día dos dereitos dos nenos e nenas, día da muller,...).

- Avisar aos 15 blogues do premio. Iso fareino nada máis publicar a entrada.




MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S